Artemoble - Todos os mobles para o teu fogar en Verín

Todos os mobles para o teu fogar en Verín, Ourense e Puebla de Sanabria

Mobiliario de todos os estilos e para todas as estancias

En Artemoble, poñemos á túa disposición unha ampla gama de produtos para que poidas amoblar cada unha das estancias da túa casa da mellor das maneiras. A nosa longa experiencia no sector e a confianza dos nosos clientes gañada durante a nosa traxectoria convertéronnos nunha moblería de referencia en Verín e no resto de Ourense, así como tamén para clientes de Puebla de Sanabria (Zamora).

Queremos darche a oportunidade de decorar a túa casa da mellor forma e ao mellor prezo. Contamos con mobles de todos os estilos para que cada unha das persoas que nos visiten poidan atopar aqueles que mellor se adaptan aos seus gustos e, por suposto, ás súas vivendas.

Os profesionais que formamos o equipo de Artemoble ofrecerémosche un asesoramento personalizado e traballaremos para que atopes o mobiliario perfecto para ti.

Artemoble - Mobiliario de todos os estilos e para todas as estancias

Que mobles che ofrecemos en Artemoble?

Artemoble - Mobles de dormitorio

Móbiles de dormitorio

Dispoñemos dunha ampla selección de mobles para a zona de dormitorio: cabeceiras, cómodas, sinfonieres, espellos... Que se completan cos nosos armarios e vestidores, que podemos facer á medida, sacando o máximo partido á relación espazo / almacenamento / prezo.

Amoblamos dormitorios de matrimonio e tamén infantil e xuvenil.

Artemoble - Especialistas en vestidores e armarios a medida

Especialistas en vestidores e armarios a medida

Quen non soñou cun espazo personalizado no que gardar todas as súas prendas favoritas? En Artemoble podemos axudarche. Para completar a decoración do teu cuarto propoñémosche vestidores e armarios a medida que se adecuarán de maneira perfecta ao burato que teñas na estancia. Ofrecemos os nosos vestidores e armarios a medida en Verín, Ourense e Puebla de Sanabria (Zamora).

Artemoble - Mobles para el salón

Mobles para o salón

Queres mercar un sofá en Verín ao mellor prezo? Buscas o moble de salón perfecto en Ourense ou Puebla de Sanabria? En Artemoble temos mobles versátiles para as zonas de comedor e de almacenamento. Destacamos as formas e comodidade dos nosos sofás e butacas.

Ademais, en Artemoble traballamos cos fabricantes máis selectos a nivel nacional.

Artemoble - Mobles auxiliares

Mobles auxiliares

Unha alternativa perfecta para completar calquera espazo e sacarlle un maior rendemento a nivel de almacenamento (zapateiros, vitrinas) ou exposición (vitrinas, estanterías, librerías...).

Independentemente do tipo de moble que necesites e do lugar no que o queiras colocar na nosa tenda de mobles en Verín encontrarás o ideal para ti. Contamos cunha gran variedade de mobles auxiliares para todas as estancias do fogar, polo que poderemos conseguirche aquel produto que necesites.

Artemoble - Un amplo catálogo de mobles para o descanso

Un amplo catálogo de mobles para o descanso

Entre os mobles de dormitorio que temos á venda debemos destacar a calidade dos nosos colchóns en Verín, Ourense e Puebla de Sanabria (Zamora). Traballamos coas primeiras marcas para garantir o teu descanso. Do mesmo xeito, na nosa tenda tamén encontrarás somieres, arcóns e bases tapizadas para todos os estilos coas que completar os teus espazos e aproveitar todas as súas vantaxes, tanto estéticas como de almacenamento.

Por se isto non fose abondo, tamén facilitamos a elección do colchón ideal para ti, posto que, da gran variedade da que dispoñen os nosos fabricantes, facemos un cribado, guiados polas túas preferencias. Con Artemoble sempre acertarás!

Artemoble - Mobiliario infantil

Mobiliario infantil

Como especialistas en mobiliario de alta calidade, en Artemoble tamén ofrecemos unha diversa gama de opcións en mobiliario infantil. Queremos conseguir deseños para inspirar e enriquecer os espazos dos máis pequenos.

Con atención á seguridade, á funcionalidade e ao estilo, cada peza está coidadosamente seleccionada para garantir a máxima satisfacción e benestar. Dende berces ata escritorios, a nosa colección infantil é perfecta para crear ambientes acolledores e estimulantes, promovendo o desenvolvemento e a creatividade dos nenos.

Descobre en Artemoble o lugar ideal para amoblar os espazos dos teus fillos.

Artemoble - Mesas e cadeiras

Mesas e cadeiras

Destacamos pola nosa variada oferta de mesas e cadeiras, ideais para distintos espazos como salóns, comedores e cocinas.

O noso amplo catálogo, coidadosamente seleccionado, garante opcións que se adaptan a cada estilo e necesidade. Dende mesas elegantes para comedores ata cadeiras cómodas para cocinas, cada produto reflicte calidade e deseño contemporáneo. Entendemos a importancia de crear ambientes únicos e funcionais, por iso ofrecemos pezas que combinan estética e sinxeleza, transformando calquera estancia nun lugar acolledor.

Descobre en Artemoble a perfecta harmonía entre beleza e funcionalidade para o teu fogar.

Artemoble - Un amplio catálogo de mesas y sillas

Colchóns

En Artemoble tamén dispoñemos dunha ampla gama de colchóns, para que, connosco, atopes a opción ideal para ti.

Desde colchóns viscoelásticos ata colchóns de látex, incluíndo tamén outras alternativas como colchóns con resortes ensacados. Todo o que necesitas para o teu descanso atoparalo connosco, da man de grandes marcas do sector, para garantir así a excelente calidade de cada produto.

Consegue o maior confort en Artemoble.

Saber máis

Artemoble - Un amplio catálogo de mesas y sillas

Sofás e sillóns

Se buscas o sofá perfecto para o teu salón ou un sillón que che garanta o máximo confort, a nosa tenda de mobles é o teu lugar ideal. En Artemoble contamos con alternativas que se adaptan a todas as necesidades e tendencias, desde o máis tradicional ata as liñas máis innovadoras e sofisticadas.

Abarcamos tanto sofás cama como sofás chaise longue, fixos, de carro... Todos os produtos do noso catálogo destacan pola súa comodidade, durabilidade e resistencia. Elixe connosco o que necesitas e recibe tamén asesoramento experto.

Saber máis

Posibilidade de contar con mobles a medida

Se o que estás buscando son mobles a medida en Verín, Ourense ou Puebla de Sanabria (Zamora), en Artemoble tamén che ofrecemos a posibilidade de fabricar aqueles que necesites segundo as túas especificacións. A nosa experiencia no sector da fabricación e instalación de máis de 35 anos nos capacita para asesorarte sobre se os mobles a medida son a opción que necesitas, guiándote en todo momento para que consigas os mellores resultados.

Traballaremos man a man contigo para poder adecuar o tamaño, o deseño e o acabado do moble aos teus gustos e ás características da túa vivenda.

Artemoble - Posibilidade de contar con mobles a medida
Estás a pensar en renovar o mobiliario da túa casa?

Estás a pensar en renovar o mobiliario da túa casa?

Artemoble somos a túa solución! Vén visitarnos á nosa tenda de mobles en Verín e atopa os mobles perfectos para cada unha das habitacións da túa casa. Ofrecerémosche un asesoramento personalizado e todas as facilidades para facer efectivo o pagamento dos teus novos mobles. Tamén atendemos a clientes de outras partes de Ourense e de Puebla de Sanabria (Zamora). Esperámoste!

Onde estamos?

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.